sexta-feira, 8 de novembro de 2013

ABERTA A EXPOSICIÓN “A SINXELEZA DO NATURAL” NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DE TUI

O pasado martes inaugurábase a exposición “A sinxeleza do natural” comisariada por Andrea Costa Amorín. A mostra acolle un total de 12 obras de alumnos recen licenciados en Belas Artes xunto co profesor Juan Fernando de Laiglesia que expresan o seu sentimento cara ó natural a través de múltiples disciplinas plásticas. Así, atopamos obras creadas a partir de materiais reciclados, escaiola, pintura, fotografía, cera ou debuxo.
A exposición supón unha oportunidade para que as novas xeracións de artistas divulguen a súa obra, converténdose nunha das máis provocativas do ano tanto pola cantidade de obras coma pola cantidade de artistas que participan.
Juan Fernando de la Iglesia, de familia literaria, enfocou, desde a súa infancia, a proxección das súas habilidades artísticas cara a pintura e a escultura. Formouse na Fundación fundición Eduardo Capa e a Escola de Belas Artes de Madrid e comezou a expor nos anos 70. A súa actividade artística actual recolle dende as instalacións interactivas , as propostas de prototipos simbólicos experimentais,pintura ó óleo sobre carteis de cine ou construcións con materiais encontrados.
Participan amais Alicia Martínez Casals, Antía Barba Mariño, Cynthia Alfonso Barreiro, Miguel Ángel Varela Iglesias, Iria Méndez Neira, Laura Novelle Calvar, Lidia Alonso Sánchez, Manuela Elizabeth Rodríguez, Marcos Covela, Nuria Bouzas Loureiro e Tamara Alonso.
A exposición estará aberta ao público ata o 28 de decembro de luns a venres 9h a 14h e de 16:30h a 20:30h e os sábados de 9h a 13h na Sala de Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio da Área Panorámica.

Sem comentários:

Enviar um comentário