O Club de Atletismo Tui Thermalia, en colaboración con AGRUDEBAM, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis, organizará mañá mércores, dende as 10.00 ata as 12.30 horas, a “I Xornada de Atletismo en Pista”, que se realizará na pista de atletismo da Macoca.
Nesta xornada de atletismo participarán os colexios de Tui e de Tomiño, ao redor de 250 nenos e nenas, que realizarán as probas de lanzamento de peso, salto de lonxitude, salto de altura, 50 metros lisos, 50 metros valados, 150 metros lisos, 400 metros lisos e relevos 4x100.
Sem comentários:
Enviar um comentário