sexta-feira, 22 de novembro de 2013

A OFICINA DO ARI DO CONCELLO DE TUI CONTA CUN NOVO EQUIPO XESTOR

Atenderá ao público os mércores de 9 a 14 h.
Dende onte mércores, 20 de novembro, a Oficina da Area de Rehabilitación Integral (ARI) está atendida por un novo equipo técnico (integrado por un arquitecto e un delineante), cunha ampla experiencia na xestión destas axudas de rehabilitación e de vivenda, co obxectivo de garantir unha maior axilidade na tramitación das correspondentes axudas para a rehabilitación do inmobles no conxunto histórico tudense. Xa no día de onte efectuaron varias inspeccións técnicas e asesoramento a varios interesados.
Esta oficina estará agora a cargo dunha empresa con ampla experiencia na tramitación destas axudas, pois por exemplo xestionou a Ari de Combarro do ano 2004-2011 ou xestiona tamén a Ari do concello de Cambados. Tanto o arquitecto como o delineante atenderán ao público todos os mércores de 09,00 a 14,00 horas nas Oficinas do Departamento de Urbanismo do Concello de Tui.
Amais da xestión das axudas da Ari este equipo técnico ofrecerá información e asesoramento na tramitación das demais axudas existentes ao abeiro dos diversos programa de xestión directa pola Xunta de Galicia en materia de vivenda (“Aluga”, “Renova”, etc.).
Coa posta en marcha desta Oficina queda en evidencia o funcionamento deste Área de Rehabilitación Integral que colabora no financiamento de numerosas intervencións no conxunto histórico tudense (como é o caso do edificio ubicado na rúa Porta da Pía / Praza do Concello cuxa fotografía acompaña esta nota).
O goberno municipal tudense leva realizado un importante esforzo pola conservación e promoción do noso conxunto histórico e en materia de vivenda, tramitando o pasado ano mais de 50 axudas ao abeiro das programas de vivenda (das que foron concedidas 32 axudas) e realizando diversas intervencións en espazos públicos con financiamento da Ari como foron o acceso á igrexa de San Domingos, a reparación do treito final da rúa Bispo Castañón ou do miradoiro da rúa Cuenca. Amais foron acometidas intervencións como varias campañas de limpeza de pintadas ou de tapiado de inmobles sen habitar para favorecer o ornato deste amplo espazo monumental.
Dende o goberno municipal quérese expresar que non é correcto afirmar, como dixeron en días pasados dende o grupo municipal socialista, que non se outorgan licenzas no conxunto histórico ao estar anuladas pola tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico (Pepch). Esta medida só afecta a aquelas parcelas o inmobles onde se pretenda modificar o seu volume ou realizar alteracións substanciais. A mellor proba é a concesión de múltiples licenzas que afectan ao ámbito do Pepch, como é o caso, por citar o último exemplo aprobado nunha das últimas Xuntas de Goberno Local, da rehabilitación dun inmoble de baixo e dúas plantas no Paseo da Corredoira (antigo edificio de “La Colonias”).

Sem comentários:

Enviar um comentário