Conta con financiamento do Poctep e a eurocidade acollerá o progframa piloto de rexistro administrativo transfronteirizo
O Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto coa directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, asistiro hoxe á reunión de lanzamento do Proxecto ARPAD, que ten como obxectivos a creación do Arquivo Dixital de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A iniciativa enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal (POCTEP) e está dotada con 4,7 millóns de euros, cofinanciados nun 75% por fondos Feder. As actuacións previstas, que se desenvolverán ata o verán de 2015 No Proxecto ARPAD participan sete socios. Xunto coa Amtega, líder da iniciativa, interveñen a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; a Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; o Centro Informático para a Xestión Tributaria a Xestión Tributaria Económico-Financiera e Contable (CIXTEC) da Consellería de Facenda; a Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima (CIM Alto Miño,) que integra dez concellos do norte de Portugal; o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.
O Arquivo Dixital é a pedra angular da Administración electrónica, xa que permitirá eliminar progresivamente o papel na Administración e xestionar e conservar con todas as garantías de seguridade e dispoñibilidade a documentación dixital durante todo o ciclo de vida administrativa. É chave para garantir a interconexión dos servizos coas entidades locais e coas iniciativas previstas coa Eurorrexión no marco deste proxecto.
O obxectivo do proxecto ARPAD nesta liña de acción é a posta en marcha dun proxecto piloto de rexistro administrativo na Eurocidade de Tui-Valença para poder estender este modelo a outros municipios fronteirizos.
As actuacións do ARPAD reforzarán o Centro de Proceso de Datos do Gaiás como nó central de custodia de toda a información do Arquivo Dixital Integrado, desde onde se facilitarán máis de 200 procedementos administrativos e se prestarán servizos de aloxamento documental ás entidades locais galegas.
Sobre este arquivo organizarase unha rede de rexistros interconectados, que permitirán a cidadáns e empresas de ambos os lados da fronteira entregar documentación en calquera rexistro, independentemente da administración de destino.
O obxectivo é habilitar servizos públicos en liña como a e-factura ou a plataforma electrónica tributaria para empresas que teñan actividade comercial coas administracións de ambos lados da fronteira. Desde xeito contribuirase a eliminación do papel e a axilizar os intercambios comerciais na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Outro dos eixos de actuación do ARPAD, e á creación dun Arquivo Histórico Documental, integrado no Arquivo Dixital Integrado, que albergará os fondos dixitalizados do patrimonio documental. Será compatible con proxectos europeos como EURPEANA (punto común de acceso aos fondos das bibliotecas, arquivos e museos de toda Europa).
Así mesmo, definiranse os mecanismos de promoción máis axeitados para poñer en valor o patrimonio documental conxunto da Eurorrexión. Entre estes mecanismos de promoción farase especial incidencia en formatos audiovisuais e en especial na televisión IP.
Para o rexedor tudense a participación neste proxecto coloca ao Concello de Tui na avangarda dos proxectos de modernización e posta en marcha da administración electrónica así como na cooperación no ámbito transfronteirizo.
Sem comentários:
Enviar um comentário