Onte tiña lugar a clausura do curso para mulleres desempregadas que a Rede CEDIM levou a cabo en Tui neste mes de novembro. Ao acto acudiu a secretaria seral de Igualdade Susana López Abella, acompañada polo alcalde de Tui Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Olga Montes, e o concelleiro de Formación e Emprego Jose Ángel Villaverde Rocha, quen facían entrega dos diplomas acreditativos do curso impartido .
Un total de 20 mulleres recibiron esta formación gratuíta encamiñada a mellorar as súas posibilidades para atopar emprego . Cunha carga lectiva de 40 horas, a impartición do curso dividiuse en dous módulos principais: formación en detección de oportunidades de emprego e formación en mellora das habilidades sociais e comunicativas.
Logo de escoitar as valoracións e peticións finais das alumnas asistentes ao curso, a secretaria seral de Igualdade comprometeuse a por en marcha un novo módulo formativo en Tui, desta vez de alfabetización dixital, dirixido tamén a mulleres, co fin de aumentar a formación básica das aspirantes para a súa reincorporación ao mundo laboral.
Sem comentários:
Enviar um comentário