Hoxe, martes 12 de novembro, ábrese o prazo de inscrición para o obradoiro “Autoprotección para mulleres” que se celebrará o xoves, 28 de novembro, no Pavillón Municipal de Deportes de Tui.
O obradoiro é unha iniciativa do Concello de Tui que busca aportar ás mulleres un conxunto de técnicas defensivas conducentes á súa autoprotección. O obradoiro impartirao a Policía Municipal de Tui baixo a supervisión do suboficial titulado como instructor rexional de Kung-Fu e cinturón negro, Dan.
A cita será o xoves, 28 de novembro, de 18h a 21:30h no Pavillón Municipal de Tui e a inscrición é gratuíta ata completar as 50 prazas ofertadas.
A data límite de inscrición será o 26 de novembro nos Servizos Sociais do Concello de Tui ou no teléfono 986 60 36 25.
Sem comentários:
Enviar um comentário