Supoñen más de 123.000 euros ao abeiro do Plan de Investimentos da Deputación
O Concello de Tui ten promovido gracias ao Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra (PID 2012), entre outras, diversas actuacións en materia de mellora de pavimentacións en diversas parroquias do municipio tudense de cara a unha mellor seguridade vial e ao incremento da calidade de vidas dos habitantes nestes ámbitos rurais. O investimento ata agora xa realizado e culminado acada os 123.700, 34 euros.
En concreto, xa están culminadas as intervención realizadas nos seguintes lugares:
Mellora da pavimentación no lugar de Porteliña na parroquia de Pazos de Reis, cun investimento de 49,001,38€
Mellora da pavimentación no lugar de Os Gaios na parroquia de Areas, cun orzamento de 20.082,75€
Mellora da pavimentación no lugar do Calvario na parroquia de Guillarei, tui por un importe de 21.520,56€
Renovación da pavimentación no acceso á parroquia de Areas cuxo orzamento era 32.003,04€
saneamento no lugar do carrasco, na parroquia de Randufe que acadou os 33.095,65€
Xa anteriormente fora completada a obra de renovación da pavimentación no acceso á Autovía A-55 na parroquia de Guillarei cunha inversión 64.314,31€. E restan pendentes outras obras de melloras de pavimentación e saneamento, ata acadar unha cifra de 300.000 euros que era o importe destinado polo Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra no ano 2012 no Concello de Tui.
O alcalde e deputado provincial, Moisés Rodríguez Pérez, salienta a importancia destes investimentos que contribúen eficazmente á mellora das infraestruturas municipais neste caso en catro parroquias tudenses e que impulsan o traballo do goberno municipal a prol das diversas parroquias que integran o municipio tudense. Ao tempo resaltaba o importante papel que desenvolve a Deputación Provincial en colaboración cos diversos municipios mediante estes investimentos en servizos básicos aos cidadáns.
Sem comentários:
Enviar um comentário