Será ás 21.30h baixo a dirección de Xúlio Lago
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de novembro, ás 21.30h, a representación do espectáculo “O método Grönholm” da man de Talía Teatro.
Esta comedia, escrita por Jordi Galcerán, está dirixida por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo. Ao longo de noventa minutos desenvólvese un xogo de verdades e mentiras no que son manipulados os sentimentos e as emocións sen compaixón. Tres homes e unha muller, con ampla experiencia, aspiran a un cargo executivo nunha multinacional, na obra afrontan a última proba da selección.
Con esta montaxe Talía Teatro celebra os seus 25 anos de traxectoria na que os seus espectáculo contan cunha denominación de orixe propia que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Nesta obra contan coa colaboración do Festival Internacional Outono de Teatro.
As entradas para “O método Grönholm” están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário