A pasada fin de semana celebrouse no pavillón multiusos de Odivelas (Portugal) o Campionato de Judo de Portugal, onde o policía local tudense Avelino Martínez acadou a medalla de prata na categoría de – 81 kg (50-54 anos).
Avelino Martínez, que nesta tempada participa nas filas do Judo Clube Valença, competiu contra os mellores judocas nacionais, e tras un duro combate contra quen se converteu ao final en campión, logrou o subcampionato portugués na súa categoría máster.
Este non é o primeiro éxito de Avelino Martínez no mundo do judo, dado que xa acadou dúas veces o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), competición na que nas súas últimas participacións conquistou seis medallas de ouro e dous de bronce.
O Concello de Tui desexa felicitar a Lino Martínez polo éxito acadado neste campionato, así como o anima a seguir adestrando de cara as próximas probas nas que participe.
Sem comentários:
Enviar um comentário