quinta-feira, 28 de novembro de 2013

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE TUI CO GALLO DO DÍA MUNDIAL DA SIDA

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do Día Mundial da SIDA que se celebra o 1 de decembro, desenvolverá diversas actividades de información sobre esta enfermidade a diversos sectores sociais do noso concello.
Así está previsto colgar unha pancarta na fachada da Area Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA. Ademáis desenvolvéranse nos Institutos de Tui, talleres para  promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.
O Servicio de Prevención  das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos establecementos de ocio nocturno de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos  e folletos informativos sobre esta enfermidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário