A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui desenvolverá un curso de Español para inmigrantes a partir do vindeiro xoves 28 de novembro e ata o 19 de decembro. Repartido nun total de 20 horas, 16 alumnos, todos eles homes marroquís residentes en Tui, participarán neste obradoiro formativo .
Esta actividade está financiada integramente polo Concello co fin de favorecer a integración social das persoas inmigrantes que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade , agravada pola barreira que supón o descoñecemento do idioma para a comunicación ou calquera actividade diaria.
Este curso está organizado dende a Oficina de Atención ao inmigrante e emigrante retornado dos servizos socias do Concello de Tui, que dirixe a Concelleira Dorinda Olga Montes Moldes.
Os obxectivos do curso son dotar os alumnos de recursos comunicativos necesarios para que se desenvolvan en situacións sinxelas da vida cotiá e intercambien información básica, favorecer a comprensión da lingua e cultura española para axudar a súa integración e desenvolvemento no entorno no que viven.
Sem comentários:
Enviar um comentário