O triatleta tudense Gustavo Rodríguez acadou un espectacular 21º posto no Ironman de Florida, celebrado a pasada fin de semana.
Nesta proba, na que participaron máis de 3.000 persoas, Gustavo tivo que nadar 3,8 quilómetros, facer 180 quilómetros en bicicleta e correr 42,195 quilómetros, e a marca obtida foi pouco máis de oito horas e media (nadar 00:55:29 / bicicleta 04:32:26 / correr 03:01:26).
O Concello de Tui desexa felicitar a Gustavo Rodríguez polo magnífico resultado acadado neste Ironman de Florida, e pola excelente tempada realizada neste ano 2013, onde obtivo primeiros postos tanto nas probas de triatlón como de duatlón.
Sem comentários:
Enviar um comentário