A Deputación de Pontevedra, a través da Sección Inspección Médica do Servizo de Recursos Humanos, organiza en Tui, en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra, e o Concello de Tui, unha charla informativa sobre Alzheimer, destinadas á poboación en xeral e impartida por facultativos especialistas en neuroloxía.
O obxectivo desta charla é ofrecer información sobre os síntomas e as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos enfermos de cara a acadar un tratamento precoz para a evolución da enfermidade. Na provincia de Pontevedra esta problemática afecta arredor de 15.000 persoas detectándose cada ano entre 700 e 800 novos casos. Se abordarán tamén as principais limitacións cognitivas e os trastornos conductais que provoca o Alzheimer.
Esta conferencia terá lugar mañá martes 19 de novembro na Sala Félix Rodríguez, no edificio Área Panorámica con entrada pola traseira do edificio (zona do aparcamento municipal) a partir das 19,30 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário