200 alumnos e alumnas de 2º da ESO e 12 profesores e profesoras dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Maristas Sta María e Seminario Menor San Paio asistirán mañá mércores, ás 11h no Teatro Municipal da Área Panorámica á proxección da película “O Club dos poetas mortos” dentro do programa “O cine nas Aulas” promovido polo Servizo de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Esta é a primeira proxección do programa que se leva a cabo durante o curso escolar 2014- 2015 englobado dentro do contexto da educación para a saúde e que pretende ser un instrumento complementario nesta área dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde, pois o cine divirte pero tamén axuda a pensar e aprender.
Amais de asistir á proxección alumnado e profesorado recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas, que foron elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário