sexta-feira, 10 de outubro de 2014

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá ás 19h un festival de playbacks

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, 11 de outubro, a partir das 19h un festival de playbacks organizado pola Concellería de Cultura de Tui coa participación de nove grupo das distintas parroquias tudenses. 
Pequenos e maiores achegarán as súas interpretacións de temas de David Bustamente, Juan Magán, Inna, Jenifer López, ou Pitbul entre outros, formando parte dos grupo de playbacks Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Val de Flores de Baldráns, A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Aloia de  Pazos de Reis e O Mosteiro de Pexegueiro.
A entrada é libre ata completar o aforamento. 

Sem comentários:

Publicar um comentário