Ata o martes 4 de novembro está aberto no Concello de Tui o prazo para presentar a solicitude para acceder ás Becas de Ensinanzas Musicas no Conservatorio e na Escola de Música de Tui.
O Concello de Tui dende hai anos leva a cabo o programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar algunhas familias deste termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión en réxime de concorrencia competitiva.
Segundo se recolle nas bases desta convocatoria estas axudas municipais de ensinanzas musicais van dirixidas a alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Musica curso 2014-2015, empadroados en Tui e pertencentes a unidades familiares con ingresos brutos anuais ponderados segundo o descrito no apartado 5ª.-Determinación e ponderación de ingresos, e que non superen 3 veces o IPREM (22.365,42 €).
Os interesados deben presentar a súa solicitude, en modelo oficial, no rexistro xeral do Concello, ata o 4 de novembro. No baremo a aplicar terase en conta a situación laboral dos membros da unidade familiar, a situación da vivenda, si se trata de familia numerosa e tamén valoración económica. O Conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custe da actividade que vaia a desenvolver a persoa beneficiaria, sen que a axuda municipal poida superar a porcentaxe do 70% de custe da matrícula. O Concello de Tui destina un total de 7 mil euros a estas becas.
Os interesados poden consultar as bases completas no taboleiro de anuncios do Concello e do Conservatorio así coma na web www.concellotui.org (http://www.concellotui.org/archivos/documentos_103_o.pdf)
Sem comentários:
Enviar um comentário