O mercado semanal dos xoves seguirá a celebrarse en Tui tal e coma se ven realizando dende hai décadas. Así o afirma a concelleira responsable do Mercado do Concello de Tui, Olga Montes, saíndo deste xeito ao paso as información aparecidas recentemente en distintos medios de comunicación onde se alude a desaparición deste mercado.
Olga Montes precisa que os xoves seguirá celebrándose nas rúas do centro urbano de Tui o tradicional mercado coa asistencia dos vendedores ambulantes autorizados polo Concello de Tui.
Por outra parte a concelleira responsable do Mercado informa que a partir do próximo luns, 3 de novembro, abrirase o prazo para a renovación dos postos deste mercado de cara ao ano 2015.
Sem comentários:
Enviar um comentário