Os produtos ecolóxicos de temporada volverán este sábado ao cárcere vello de Tui nunha nova edición do Mercado da Verdura. Os produtores ecolóxicos da zona venderán directamente ao público os seus produtos de 10 a 14h.
De forma paralela este sábado, de 11 a 14h, vaise celebrar un obradoiro de Cociña Natural a cargo de Gloria Domec que continuará o sábado 8 de novembro.
Este sábado o obradoiro centrarase en batidos verdes e leites vexetais explicando os beneficios dos batidos verdes e os seus beneficios para a nosa saúde. Mentres o sábado 8 de novembro aprenderase a técnica para converter case calquera cereal ou verdura nunha hamburguesa vexetal sen gluten nin lácteos. Así elaboraranse hamburguesas de garbanzos con curri, de tofu con apio e sementes de xirasol, de cabaza e avea...e farase salsa de pementos para acompañar as hamburguesas.
Estes dous obradoiros teñen un prezo de 30€ os interesados poden inscribirse en Santiveri, na rúa Agusto González Besada de Tui. Ofértanse un máximo de 15 prazas.
O Mercado da Verdura está organizado polo Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.
Sem comentários:
Enviar um comentário