domingo, 19 de outubro de 2014

O xoves 23 impartirse en Tui o obradoiro “A importancia do portafolio web como ferramenta de autopromoción”

Está organizado pola Fundación Galicia Europa coa colaboración do Concello de Tui 
A Aula CeMIT de Tui, no edificio da Área Panorámica, acollerá o próximo xoves 23 de outubro un obradoiro gratuíto sobre “A importancia do portafolio web como ferramenta de autopromoción” que será impartido pola deseñadora gráfica Jara  López Redondo. Será en horario de mañá e tarde.
Este obradoiro está organizado pola Fundación Galicia Europa co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a CEG, o IPDJ e a FNAJ E e coa colaboración do Concello de Tui. Está organizado ao abeiro do Proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).
O obxectivo deste obradoiro é amosar as diferentes opcións que existen na rede para facer un portafolio web que axude a chegar a todo o mundo; facilitar a autopromoción, e polo tanto, o empredemento en Galicia e o Norte de Portugal.
Ofértanse 20 prazas dirixidas a mozas e mozos de 18 a 30 anos con espírito emprendedor e desempregados. Darase prioridade a orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos de zonas limítrofes. 
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo luns día 20 debendo descargar os interesados a folla de inscrición da web da Fundación Galicia Europa (http://ow.ly/CQUu1) e remitila por correo electrónico a santiago@fundaciongaliciaeuropa.euindicando, a ser posible, a qué sector profesional pertencen. 

Sem comentários:

Enviar um comentário