Tres camiños rurais situados en Pazos de Reis, Paramos e Caldelas foron arranxados ao abeiro do Plan Marco da Xunta de Galicia cun investimento de case 48 mil euros.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, visitou hoxe as zonas onde se acometeron as obras xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a xefa do servizo de Infraestruturas.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou que ao abeiro do Plan Marco mellorouse a pavimentación destes tres camiños en zonas con maior densidade de poboación e de tráfico, e nas que xa foi instalada a rede de abastecemento e saneamento de augas.
Mentres o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís avanzou que o investimento ao abeiro deste plan en Tui chegará o próximo ano aos 101 mil euros. En total nos últimos catro anos o Plan Marco supuxo en Tui o investimento de 400 mil euros.
En concreto o investimento realizado foi de 47.619,85 euros. En Pazos de Reis arranxouse un camiño en Poboanza de 165 metros de longo por 4 metros ancho, en Cigüeñeiras en Paramos a actuación abrangue 215 metros de longo por 4,5 metros de ancho, e no Calvario en Caldelas o camiño mide 154 metros de longo por 3,5 metros de ancho.
Sem comentários:
Enviar um comentário