O dúo de piano dedosd2 ofrece este xoves o concerto inaugural de curso no Conservatorio e na Escola de Música de Tui
Este xoves, 9 de outubro, ás 20h a sala de audicións do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui acollerá o concerto inaugural do curso 2014-2015 destes dous centros de estudos musicais.
O concerto correrá a cargo do dúo de piano dedosd2 formado por Marta Blanco Pascual e Xoán M. Iglesias Losada. O grupo constituído en 2011 cunha xira de concertos por Galicia os dous ao piano. Ao ano seguinte ampliaron a súa formación cos profesores Josep Colim e Imhre Rohman. O concerto de Tui é unha das actuacións que figuran no programa que teñen para este curso onde tamén achegarán a súa música a Monforte e León.
Neste concerto inaugural do curso no Conservatorio e na Escola de Música de Tui presentarán un programa de concerto integrado por obras de diferentes épocas e estilos compostas por Samuel Barber, Johannes Brhams, Wolfgang Amadeus Mozart e Francis Poulenc. A entrada será libre ata completar o aforamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário