Trátase dun concerto didáctico recomendado para todos os públicos a partir de 1 ano
O Teatro Municipal de Tui acollerá este
venres, 24 de outubro, ás 20h o espectáculo “De aquí para alá”
da man de Lydia Botana. Trátase dun concerto didáctico recomendado
para todos os públicos a partir de 1 ano.
Lydia Botana,
natural de Culleredo, está titulada en Pedagoxía da Linguaxe e a
Educación Musical polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.
É músico multinstrumentista e ten formado parte de diversas
agrupacións. Paralelamente, exerce coma profesora de música e
produce o concerto didáctico para público infantil chamado De aquí
para alá! que achega as músicas do mundo aos máis pequenos e
pequenas a través das aventuras dunha bolboreta moi musical.
De aquí para alá! é
un proxecto de música infantil no que se realiza unha viaxe ao redor
do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar
facendo partícipe ao público. Trátase dunha proposta musical para
público infantil e xuvenil que consta dunha posta en escena musical
formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a marimba,
a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … así coma
instrumentos típicos de cada lugar polo que vai pasando o
espectáculo coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto con un
variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao
de choiva… e un sinfín de cacharradas que espertarán a
curiosidade dos asistentes a este concerto.
A través da música
contase a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co
son dos instrumentos musicais. Embárcase así nunha viaxe por países
coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos,… rematando
en Galicia.
Lydia Botana estará
acompañada sobre o escenario por Rubén Montes, María Isabel Diego,
Erica González e Miguez Cazenave.
As entradas para este
espectáculo están á venda en www.culturatui.info
ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 18.30h
no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e
2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário