quinta-feira, 2 de outubro de 2014

Este domingo dispútanse as finais do I Torneo Eurocidade de Tenis

Máis de 100 deportistas participaron nesta primeira edición celebrada nas pistas de Areas e da piscina municipal de Valença
Este domingo, 5 de outubro, celebraranse os partidos finais do I Torneo Eurocidade de Tenis. Este torneo vense disputando dende o pasado 19 de setembro nas pistas de tenis de Areas en Tui e nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Tenis Tui.
Máis de un centenar de tenistas están a participar no torneo nas tres categorías, absoluta masculina, absoluta feminina e dobres. As finais serán este , que terán a súas finais o próximo domingo, sendo o programa desta xornada o seguinte (horas españolas):
PISTAS DE TENIS DE VALENÇA
10:30 PISTA 1 - FINAL CONSOLACIÓN MASCULINA ABSOLUTA
PISTA 2 – FINAL CONSOLACIÓN FEMININA ABSOLUTA

PISTAS MUNICIPAIS DE TENIS DE AREAS – TUI

9:30 PISTA 1 - FINAL DOBRES
PISTA 2 - FINAL DOBRES - CONSOLACIÓN

11:30 PISTA 1 - FINAL MASCULINA ABSOLUTA
PISTA 3 - FINAL FEMININA ABSOLUTA

13:00 PISTA CENTRAL - PARTIDO EXIBICION DE PROFESIONAIS
- CARLOS BECKE Vs DAVID VIDAL - 

13:30 ENTREGA DE TROFEOS
A Eurocidade Tui-Valença e o Concello de Tui desexa felicitar ao Club Tenis Tui pola excelente organización deste torneo, así como aos participantes neste I Torneo Eurocidade de Tenis e anima a tódolos veciños de Tui e Valença a acudir a animar aos deportistas nesta xornada final.

Sem comentários:

Enviar um comentário