Disputarase nas instalacións hípicas de Equigalia os días 1 e 2 de novembro
Mañá martes 28, ás 11.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Horseball, proba deportiva organizada polo Club Hípico Equigalia de Tui, o Club Hípico La Muralla de Vigo e a Federación Galega de Hípica, en colaboración co Concello de Tui, que terá lugar nas instalacións hípicas de Equigalia, esta próxima fin de semana.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e os presidentes dos clubs organizadores, Luís López Pimentel do Club Hípico Equigalia e Hipólito Fernández do Club Hípico La Muralla
Sem comentários:
Enviar um comentário