Disputarase este sábado no pavillón deportivo municipal vello
Este sábado, 4 de outubro, celebrarase en Tui unha nova final da Copa Galicia, esta vez de baloncesto na categoría cadete, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Tui, en colaboración co Concello de Tui.
Os equipos clasificados para esta “Final Four” son o Carballo a un paso, Instituto Rosalía, Estudiantes Lugo Leyma Natura e o equipo local do C.B. Tui Construcciones Cal.
Os partidos se celebrarán nos seguintes horarios:
10.30 horas – C.B. Tui Construcciones Cal / Carballo a un paso (X)
12.30 horas - Instituto Rosalía / Estudiantes Lugo Leyma Natura (Y)
17.00 horas – Perdedor X – Perdedor Y
19.00 horas – Vencedor X – Vencedor Y
Para o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, tras disputar as finais da Copa Galicia de Balonmán na categoría absoluta masculina e feminina o pasado 31 de agosto, volver a acoller unha nova final da Copa Galicia, nesta ocasión de baloncesto na categoría cadete, reflicte non só o alto nivel das instalacións deportivas tudenses e as boas relacións coas federacións deportivas galegas, que ten á nosa cidade como referente deportivo, se non o bo traballo dos clubs tudenses no seu traballo cos máis cativos.
O Concello de Tui felicita ao Club Baloncesto Tui pola súa clasificación para esta final, así como anima a tódolos veciños a acudir a gozar destes partidos de baloncesto de alto nivel.
Sem comentários:
Enviar um comentário