O pasado sábado celebrouse no pavillón da Macoca o Campionato Galego de Escalada en Bloque, organizado pola Federación Galega de Montañismo e o Club Tideo de Montaña, en colaboración co Concello de Tui, onde competiron os mellores escaladores galegos.
O Campionato, que ía a realizarse nun principio no paseo fluvial de Tui tivo que ser trasladado ao pavillón da Macoca debido ás condicións climatolóxicas adversas. Pola mañá desenvolvéronse as probas clasificatorias, sendo as finais na xornada de tarde.
En categoría feminina, Erica González do Club O Veral foi a campiona, seguida de Rosa González e Paula Blanco do Club S.M. Artabros. Na categoría masculina, o escalador Carlos Marqués do Club O Veral proclamouse campión, por diante de David Morán e Fausto Manuel Blanco do Club AMI.
Dende o Concello de Tui felicitan aos gañadores e gañadoras desta proba, así como ao Club Tideo de Montaña, á Federación Galega de Montañismo e aos colaboradores do evento, pola excelente organización deste Campionato Galego de Escalada en Bloque.
Sem comentários:
Enviar um comentário