Mañá sábado, en horario de 10 a 14h, o Cárcere Vello de Tui, na rúa Sanz no Conxunto Histórico, acollerá unha nova edición do Mercado da Verdura. Os produtores ecolóxicos da zona volverán vender directamente ao público os produtos de temporada.
Amais mañá de xeito paralelo celebrarase un Roteiro de identificación e propiedades de plantas silvestres a cargo de César Lema. De 10 a 12h os participantes, guiados por César Lema, sairán ao campo á recoller plantas silvestres, que serán logo cociñadas con Patri Puga de 12 a 14h. A inscrición debe facerse en Flores Rita. O prezo é libre.
Compre lembrar que a organización do Mercado da Verdura corresponde ao Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.
Sem comentários:
Enviar um comentário