domingo, 26 de outubro de 2014

Convocado o VII Concurso Fotográfico Relación Home Muller 100% positiva

O prazo para a presentación dos traballos está aberto ata o 20 de  novembro
 O Concello de Tui vén de convocar o sétimo Concurso Fotográfico Relación Home Muller 100% enmarcada dentro das actividades que se realizan para prever a violencia de xénero.  Con este certame quérese facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. Establécense dúas categorías unha para Adultos na que pode participar calquera persoa maior de 18 anos e outra Infantil para os menores desta idade. Cada participante poderán enviar un máximo de 3 fotografías que poderán ser en cor ou en branco e negro cun tamaño mínimo de 20x15cm e máximo de 42x29,70cms. Cada fotografía debe ir acompañada dun título.  Os traballos presentaranse, ata o 20 de  novembro ás 12h, nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo, 7ª edición” que poderá ser entregado directamente nas oficinas municipais ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Débese acompañar en sobre pechado os datos do autor.
Na categoría Adultos establécense dous premio o primeiro de 300€ e o segundo de 200€, e na categoría Infantil establécese un único premio consistente nun agasallo valorado en 200€. As fotografías gañadoras e as seleccionadas, un máximo de 50, conformarán unha exposición se amosará na Area Panorámica.
As bases completas deste certame pódense consultar no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na web www.concellotui.org.

Sem comentários:

Enviar um comentário