O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, a partir das 16h, o XIII Certame Provincial de Bandas de Música, na súa sección terceira, organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui. A entrada será gratuíta.
A Deputación de Pontevedra organiza décimo terceira edición deste certame co afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da provincia. O Certame este ano terá tres sedes, Tui, onde se celebrará o concurso da sección terceira este sábado, Lalín onde o 11 de outubro terá lugar a sección segunda, e Vilagarcía que o 18 deste mes acoller á sección primeira. Este ano as seccións de competición establécense en base á dificultade da obra libre interpretada e non polo número de integrantes da banda.
As bandas participantes no Certame este sábado en Tu son a Unión Musical de Coruxo, a Unión Musical de Cabral, a Banda de Música Popular de Rubiós, a Agrupación Musical de Belesar, a Banda de Música de Sanxenxo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Banda de Música Nova Lira de Moraña e a Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. O xurado estará formado por Francisco Ferreira, director da Banda Sinfónica Portuguesa (Portugal), Rafael Montes, director de orquestra (Venezuela), e Óscar Navarro, compositor (España).
Amais coma agrupación convidada, antes de dar a coñecer a decisión do xurado, actuará o grupo de percusión Perkuka.
O alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, explica que os afeccionados ás bandas de música teñen este sábado en Tui unha excelente cita con este concurso promovido pola administración provincial, no que se darán cita oito agrupacións. Lembra o rexedor coma con anterioridade o teatro tudense ten acollido xa certames zonais de bandas da Deputación, así coma festivais tanto de bandas coma de corais, pero destaca que nesta ocasión se trata do certame a nivel provincial no que se poderá disfrutar dunha agradable tarde coas bandas populares.
Sem comentários:
Enviar um comentário