A semana do 22 ao 28 de outubro os establecementos de hostalería do conxunto histórico de Tui organizan unha semana gastronómica baixo a denominación de “Sabores de outono”.
A chegada desta nova estación é unha oportunidade para degustar pratos máis elaborados e calóricos axeitados ás novas condicións deste tempo. Degustar os sabores típicos destes meses como son as castañas, os cogomelos, as hortalizas, os productos da caza, peixes como a dourada que están no seu mellor momento... é a oferta que estes oito establecementos do conxunto histórico tudense ofertan aos seus clientes e visitantes.
Os restauradores do casco histórico de Tui que participan nesta iniciativa son: A Adega, O Novo Cabalo Furado, Monumental, A Muralla, La Cava, Vinoteca De García, Tapas e Viños e Jaqueyvi.
A celebración desta semana gastronómica “Sabores de Outono” é unha oportunidade excepcional para achegarse ata a cidade de Tui amais de contemplar o seu amplo conxunto patrimonial achegarse aos establecementos emprazados na zona monumental tudense disfrutando da súa ampla oferta gastronómica. Os oito restaurantes participantes nesta iniciativa ofrecen así unha ampla oferta gastronómica vinculada polos “Sabores do outono”.
Esta actividade conta co apoio da concellería de Conxunto Histórico e Rehabilitación do Concello de Tui, que dirixe Nicolás Lorenzo Montes.
Sem comentários:
Enviar um comentário