quarta-feira, 31 de outubro de 2012

CONCENTRACIÓN EN TUI DAS SELECCIÓNS GALEGAS DE BALONCESTO NAS CATEGORIAS INFANTIL E CADETE FEMININA


Dende o xoves 1 ata o sábado 3 de novembro, a Federación Galega de Baloncesto concentra na nosa cidade as seleccións cadete e infantil feminina, dando continuidade ao acordo asinado no seu día, entre o Concello de Tui e a FEGABA, polo que se estableceu a nosa cidade como sede oficial das concentracións das seleccións galegas de baloncesto.
As xogadoras e adestradoras utilizarán as instalacións do Centro Interfederado e os Pavillóns Deportivos Municipais para os adestramentos.
Para o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, esta concentración da FEGABA reflicte o compromiso asumido polo goberno municipal na promoción do deporte e testemuña o alto nivel dos equipamentos deportivos da nosa cidade. Engade que actividades deste tipo contribúen á promoción da nosa cidade entre as deportistas concentradas e as súas familias.
 Torneo Halloween de Baloncesto do C.B.Tui
Tamén dende a Concellería de Deportes se informa que o Club Baloncesto Tui organiza o Torneo Halloween de Baloncesto, en colaboración co Concello de Tui, o próximo sábado 3 de novembro, no Pavillón Deportivo Municipal, dende as 11.00 ata as 22.00 horas, no que participarán equipos de Ourense, Lugo, Viana do Castelo e Tui.
Os horarios do torneo serán:
11.00 horas – Ourense Infantil. – Lugo A Inf.
12.45 horas – CB Tui B Inf. – Lugo B
14.45 horas – CB Tui Alevín – Lugo Alevín
16.30 horas – CB Tui A Inf. – Lugo A Inf.
18.30 horas – CB Tui A Inf. – Ourense Inf.
20.30 horas – CB Tui Sénior – Viana do Castelo

Sem comentários:

Enviar um comentário