quinta-feira, 4 de outubro de 2012

CURSO DE SOMELIER, INGLÉS E COIDADO DE MAIORES DEPENDENTES NA AULA DA UNED EN TUI


A Aula de UNED de Tui vai impartir tres cursos que van comezar neste mes de outubro. Serán “Sommelier, o intérprete do viño”, “Inglés” e “Coidados de maiores dependentes”.
O curso de Sommelier, forma parte da oferta de extensión universitaria, impartirase do 24 de outubro ao 16 de xaneiro, con dúas clases ao mes, salvo novembro que haberá catro. Será os mércores de 17 a 20h. Esta actividade vai dirixida ao público en xeral e ten como obxectivo realizar un percorrido polas materias e disciplinas que conforman a cultura do viño, que son empregadas polo sommelier para interpretar a mensaxe dunha botella de viño e traducila aos consumidores.  Os poñentes serán David Barco e Antonio Portela, presidente e vicepresidente de AGASU, Asociación Galega de Sumilleres, xunto aos sumilleres Carlos González Portela e Xoan Cannas. O prezo do curso é de 60€ e os interesados poden acadar máis información na Aula da UNED en Tui, no 986 60 51 50, en www.unedpontevedra.com/tui.
Mentres dentro da oferta da UNED Senior, para maiores de 45 anos, ofértase un curso de “Inglés” que será impartido por Blanca Hermida Velasco, profesora titulada en lingua estranxeira, e outro de “Coidado de maiores dependentes” a cargo de Susana Redondo Pérez, licenciada en Psicoloxía. Os dous terán lugar do 19 de outubro ao 8 de febreiro en horario de tarde con 30 horas lectivas. O prezo da matrícula é de 50€.
A Aula da UNED de Tui permanece aberta os luns, mércores e venres de 16 a 22h e os venres de 16 a 21h.
A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pérez, destaca a impartición deste cursos de formación complementaria que amplía a oferta educativa que promove esta Aula da UNED de Tui, pois xunto aos cursos regrados, como é o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos así como o primeiro curso do grao en Psicoloxía, estas outras accións formativas contribúen a promoción socio-educativa na nosa cidade. 

Sem comentários:

Enviar um comentário