O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo reiteran con estas axudas o apoio aos deportistas de elite tudenses.
O Concello de Tui abre a convocatoria para solicitar as Becas para os Deportistas Tudenses de Alto Nivel, que este ano veñen recollidos nunha partida presupostaría de 10.000 € segundo informaron o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo Montes, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na Casa do Concello de Tui.
O obxecto da convocatoria o constitúe a concesión de becas a deportistas tudenses de alto nivel do Concello de Tui, co fin de facilitar a estes deportistas de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da Cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de carácter nacional o internacional.
Este ano, o importe das becas irá dende un máximo de 1.500 € ata os 300 € para os deportistas de alto nivel tudenses que acrediten os seus logros deportivos no ano 2012.
As bases e o formulario de inscrición poden descargarse a través da páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org
Para o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, cúmprese unha das reivindicacións que os deportistas tudenses fixéronlle nas reunións mantidas nos primeiros días do traballo ao fronte da Concellería de Deportes de Tui e expresan o compromiso do goberno municipal co deporte tudense. Sinalou o concelleiro que “marcámonos tres obxectivos principais. O primeiro deles é o apoio e o recoñecemento institucional a clubs e deportistas; o segundo, o incremento das subvencións a clubs, que se neste caso aumentou un 20% con respecto ao orzamento anterior; e por último, apoio aos deportistas de alto nivel tudenses, nacidos ou empadroados no noso municipio polo menos desde fai dous anos, que se materializa nestas becas a deportistas de alto nivel”.
Pola súa parte, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, explicaba que o deporte, a cultura, a educación e os servizos sociais son prioritarios para o seu goberno. “Estas axudas son unha mostra do apoio aos deportistas por parte do concello. En tempos de crise temos que optimizar os recursos e saber a onde se dirixen os esforzos, e queremos isto que sirva de motivación para estas persoas”.
Sem comentários:
Enviar um comentário