Supoñen un investimento de 7.000 euros polo Concello de Tui
O Concello de Tui dende hai anos desenvolve un programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias deste termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión de bolsas de estudio en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas municipais de ensinanzas musicais están destinadas a alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Musica no curso 2012-2013, veciños de Tui. O obxectivo fundamental é facilitar o acceso á educación musical a aquelas familias que realmente precisen desta axuda polo seu baixo nivel de ingresos. O orzamento destinado polo Concello de Tui a estas bolsas acada o importe de 7.000 euros.
Os requisitos a cumprir polos solicitantes son:
1.- Estar matriculados/as ou ter fillos/as matriculados/as no Conservatorio Grao Medio e Escola de Música Municipal.
2.-Estar empadroado/a en Tui, tanto a persoa solicitante como no caso de menores ó pai/nai ou titor/a legal se os tivera, así como os nenos/as para os/as que se solicita a beca, con anterioridade á data de publicación destas bases.
3.-Que a familia non supere os ingresos brutos estipulados.
4.-Non ser beneficiario/a de axudas por este concepto doutras entidades ou organismos públicos ou privados; e non superar o limite de ingreso establecido.
5.- Ter o curso completo aprobado (referido ao período lectivo 2011-2012), agás para os que inicien os estudios este período lectivo, os cales deberán estar matriculados na totalidade de materias correspondentes ao primeiro ano.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de novembro de 2012
O texto íntegro das presentes bases estará dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na súa páxina web (www.concellotui.org) e no Taboleiro principal da Escola Municipal de Música polo prazo de 20 días dende a data de aprobación da presente convocatoria.
Sem comentários:
Enviar um comentário