terça-feira, 16 de outubro de 2012

NOVO CURSO NA AULA CEMIT DE TUI: “CREACIÓN DE CONTIDOS MULTIMEDIA E WEB 2.0”


A Aula CeMit de Tui continúa desenvolvendo a súa oferta de cursos de formación en materia audiovisual, neste caso trátase dun curso sobre “Creación de contidos multimedia e web 2.0” e terá lugar entre o 19 de novembro e o 4 de decembro en horario de 10,00 a 14,00 horas.
 O obxectivo desde curso é a formación nos procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web. Trátase de preparar e optimizar recursos de tipo texto, imaxe, audio ou vídeo para posteriormente publicalos nun blog. Proponse un proceso creativo completo onde en primeiro lugar se plantea a obtención dos recursos multimedia orixinais (véxase fotos ou vídeos da cámara dixital, pistas de audio dun CD ou grabación dunha locución, etc). A continuación abórdase o tratamento para darlles un formato máis adecuado, logo publícanse nun servicio Web 2.0 para finalmente integralos nunha entrada ou gadget do blog.
Con este novo curso o Concello de Tui continúa ampliando a súa oferta de formación a través da Aula CeMit dirixido a todas as personas interesadas de Tui e a súa contorna.
Curso: Creación de contidos multimedia e web 2.0
Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 20
Número de horas: 40
Datas: 19 de novembro a 4 de decembro de 2012
Horario: 10,00 a 14,00 h.
Inscrición: O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012. 

Sem comentários:

Enviar um comentário