O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que ata o vindeiro 11 de novembro está aberto o prazo de solicitude do Programa de Saúde e Benestar dirixido a maiores de 50 anos, a través do cal, ofertase a este colectivo a posibilidade de gozar dunha estancia nos balnearios ou hoteis con Spa da provincia. Este programa está ofertado polo Servizo de Acción Social da Deputación Provincial de Pontevedra.
Características do programa:
- Desenvolverase ata o vindeiro mes de decembro
- Consiste en pasar seis días con cinco noites en réxime de pensión completa con bebidas incluídas.
Participantes:
Persoas de 50 ou máis anos.
Pensionistas.
Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar.
Documentación a presentar:
Impreso da solicitude.
Fotocopia do DNI
Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso.
Lugar de presentación:
Rexistro xeral da Deputación.
Rexistro da delegación da Deputación en Vigo
Por correo
No departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Prezos:
Os prezos van dende 175,93 ata 217,59 euros (consultar prezos segundo balneario). Aos prezos totais hai que lles facer un desconto de 30 euros que achega a Deputación.
Para a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Olga Montes Moldes, o obxectivo deste programa é proporcionar as persoas que vivan na nosa provincia, con idades a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, a posibilidade de pasar unhas xornadas nos establecementos hoteleiros da provincia ofertados, a prezos reducidos, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida. Por outro lado xera unha inversión social importante, fomentando a creación e consolidación dos postos de traballo no sector hoteleiro da nosa comunidade. O departamento de servizos sociais do Concello, engade, proporciona a información e documentación necesaria a a todos os interesados en participar neste programa.
Sem comentários:
Enviar um comentário