Forma parte do programa FalaRedes! que promove a Rede de Dinamización Lingüistica da Secretaria Xeral de Politica Lingüística
O vindeiro venres 19 de outubro no IES San Paio, ás 11,30 horas, desenvolvérase o espectáculo titulado “Títerehop” que forma parte da programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística que promove a Secretaria Xeral de Normalización Lingüística e da que forma parte o Concello de Tui
O espectáculo “Títerehop” combina or unha banda os títeres e, pola outra, o hip-hop. A fusión de dous mundos tan diferentes dá como resultado unha actividade desenvolvida por García MC e Viravolta títeres na que os adolescentes comprenderán que non é necesario cambiar de lingua para facer música considerada moderna.
O primeiro dos obradoiros forma os mozos na creación de rimas e de letras para as cancións. O segundo, na construcción dun monicreque cantor. Cos coñecementos adquiridos, só queda poñer en valor as dotes artísticas dos participantes cunha demostración dos títeres cantantes de hip-hop. Todas as interpretacións, acompañadas dunha base musical, colgaranse na web www.titerehop.wordpress.com
FalaRedes! é novo programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para as
entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. Un total de 250 actividades repartiranse polas 93 entidades locais adheridas á Rede para promover o uso do galego. O público potencial desta acción suma un total de 700.000 persoas, o que equivale a un cuarto da poboación da nosa comunidade.
As tres actividades que forman FalaRedes están destinadas a tres tipos de público: infantil, xuvenil e xeral. Os máis pequenos converteranse en espectadores de cine e artistas da grande pantalla na caravana de Galego de Cine. Nunha actividade que xa estivo en Tui no pasado mes de xuño. Compoñer cancións para cantalas despois cun monicreque construído con materiais reciclados ocupará os adolescentes en “Títerehop”. As historias tradicionais plasmaranse na area co “Señor das Dunas”, unha aposta clara pola dinamización lingüística para o público xeral.
Os obxectivos de FalaRedes emanan do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. FalaRedes busca crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás tecnoloxías da comunicación para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos. Tamén intenta reforzar o uso do galego entre galegofalantes, proporcionándolles modelos lingüísticos de referencia aos rapaces e rapazas de orixe castelanófona.
Sem comentários:
Enviar um comentário