terça-feira, 16 de outubro de 2012

MAIS DE 40 ALUMNOS COMEZARON ONTE AS CLASES DO GRADO DE PSICOLOXÍA NA AULA DA UNED DE TUI


Onte luns, 15 de outubro, comezaron oficialmente as clases do primeiro curso do grado en psicoloxía que se imparten na Aula da UNED de Tui e que contan cunha matrícula superior aos 40 alumnos, aínda que ata o vindeiro 18 de outubro aínda é posible algunha matrícula por parte de alumnos que non se matriculen na UNED por vez primeira.
Ás 19,00 horas tivo lugar un breve acto de benvida aos alumnos no que participaron a Directora do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, Beatriz Rodríguez López, a coordinadora da Aula de Tui, Margarita Pino Juste, o concelleiro de formación e emprego do Concello de Tui, José Ángel Villaverde Rocha, e o concelleiro de seguridade Angel Gutiérrez González.
O concelleiro Villaverde Rocha déullela benvida a aos alumnos a esta nova oferta de formación académica que promove o Concello de Tui, salientando o esforzo que realiza este municipio para dotar desta nova titulación académica á Aula da UNED congratulándose pola positiva acollida como quedaba testemuñado nos 35 alumnos que onte asistiron as clases impartidas.
Pola súa banda a responsable do Centro Asociado da UNED de Pontevedra agradecía a colaboración e esforzo do Concello tudense para dotar progresivamente de maior contido a este Aula que ofrece xa unha axeitada oferta de estudios ao servizo dos cidadáns de Tui e a súa bisbarra.

Sem comentários:

Enviar um comentário