A Concellería Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui convoca a quinta edición do concurso de fotografía sobre “Relación home-muller: 100% positiva” na que poden participar odas as persoas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.
As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O tema “Relación home/muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. Con este concurso querese resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.
Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras, aceptándose obras con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes. As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e se presentarán en papel, cun tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.
O prazo de recepción das fotografías finalizará o 20 de novembro de 2012, ata as 12h. O xurado elixirá a fotografía finalista que mellor se axuste aos criterios do concurso, tomando en consideración a súa calidade técnica e artística, e a temática da mesma. O ganador recibirá un premio de 300 €.
Coa fotografía premiada e as seleccionadas (ata un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición na Sala Municipal de Exposicións (Edificio Area Panorámica).
Para Olga Montes Molde, concelleira de muller e servizos sociais, este concurso fotográfico é unha actividade xa consolidada na campaña que desenvolve o Concello arredor do “Día internacional contra a violencia de xénero” e que incide nos aspectos positivos da relación entre homes e mulleres para consolidar estes hábitos e promover a erradicación de calquera tipo de practicas violentas ou non respectuosas nesta relación.
Máis información na páxina web do Concello de Tui (www.concellotui.org) ou no departamento de servizos sociais na casa do Concello de Tui ou a través do teléfono 986.603625.
Sem comentários:
Enviar um comentário