O Concello de Tui oferta para todas as persoas interesadas o Servizo de Orientación Laboral. Dito Servizo, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, lévase a cabo durante os meses de Outubro a Xaneiro no Centro de Formación do Concello de Tui e ten como finalidade o apoio tanto os demandantes de emprego como ás empresas realizando funcións de información e asesoramento na búsqueda de emprego, así como tamén a captación e tratamento de ofertas de emprego apoiando a intermediación entre a oferta e a demanda.
As persoas interesadas deberán concertar cita previa coa Orientadora Laboral, na Oficina de Emprego de Tui, ou ben no teléfono 902 125 000. Tamén poden acadar mais información na web www.concellotui.org na sección Servizo de Orientación Laboral.
Para as persoas desempregadas que queren traballar, este Servizo ofrece a posibilidade de mellorar as súas posibilidades de acceder a un emprego traballando co interesado no desenvolvemento do seu perfil ocupacional ou na súa reciclaxe profesional ou mediante os procesos de orientación laboral e os Itinerarios Personalizados de Inserción ou IPIs.
Unha persoa ocupada pero quere mellorar o seu actual posto de traballo, pode recibir axuda para mellorar a súa cualificación a través da oferta formativa do Servizo Público de Emprego de Galicia, e a definir axeitadamente os seus obxectivos e a súa estratexia para o seu desenvolvemento profesional mediante a orientación laboral.
Para o concelleiro de Emprego e Formación do Concello de Tui, José Angel Villaverde Rocha, coa posta en marcha deste servizo o Concello de Tui amosa novamente a súa preocupación por fornecer aos parados e desempregados do noso concello unha ampla oferta, tantos de cursos de formación, de actuacións de asesoramento ou mesmo promovendo, por vez primeira, un Plan Local de Emprego que significou a creación de once postos de traballo polo Concello cun investimento total de 105.000 euros de fondos propios facilitando durante seis meses a incorporación destas once persoas ao mercado laboral. Estas iniciativas que se enmarcan dentro da prioridade de promoción do emprego fixada polo goberno municipal que preside Moisés Rodríguez.
Sem comentários:
Enviar um comentário