A Aula da UNED en Tui oferta xunto aos estudos académicos de primeiro curso do grado en psicoloxía e o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos outras accións formativas abertas á participación de todos os interesados.
En concreto, neste momento está aberto o prazo de inscrición para os seguintes cursos:
Inglés, a abeiro do programa Uned Senior para persoas maiores de 45 anos de idade. Este curso está orientado a fornecer aos participantes as ferramentas básicas para o coñecemento do idioma inglés. Este curso é de 30 horas a desenvolver todos os venres de 16,30 a 18,30 horas entre o 19 de outubro e o 8 de febreiro. O seu prezo é de 50,00 euros.
Coidado de maiores dependentes, este curso está aberto á participación de persoas de calquera idade e formará aos participantes nos coñecementos básicos para esta atención especializada. Este curso é de 30 horas a desenvolver todos os venres de 18,30 horas a 20,30 horas entre o 19 de outubro e o 8 de febreiro. O seu prezo é de 50,00 euros.
Curso de iniciación ao teatro e ás artes escénicas:
Aberto á participación de todos os interesados, posúe como obxectivo que os asistentes dominen as capacidades básicas para a interpretación e xestión teatral. No programa que comprende 30 horas presenciais abordaranse temas como historia do teatro, interpretación, escenografía, dirección de actores, técnicas de expresión teatral, xestión teatral e critica do teatro español contemporáneo. A metodoloxía de curso se realizará a través da montaxe e interpretación dunha obra de teatro.
O profesorado está integrados por profesionais de recoñecido prestixio procedentes de España e Latinoamerica: Carmen Luna Sellés, Vanesa Sotelo, Alejandra Montemayor Suárez, Ruben Ruibal, Alai Garcia Diniz, Natalia Balseiro Rodríguez, e Eduardo Pérez-Rasilla.
O curso se imparte os seguintes venres: 2, 9, 16 e 30 de novembro; 21 de decembro de 2012; 18 e 25 de xaneiro, 01 e 22 de febreiro e 11 de abril de 2013 en horario de 17:00 a 20:00 horas. O prezo da matrícula é de 60 euros.
Sommelier, o interprete do viño
O obxectivo do curso é realizar un percorrido por todas as materias e disciplinas (viticultura, enoloxía, análise sensorial, xeografía vitivinícola, saúde, historia, servicio, harmonías...) que conforman a cultura do viño, necesarias para o sommelier como ferramentas para interpretar a mensaxe dunha botella de viño e traducira ao seus diferentes consumidores.
O profesorado deste curso está conformado por Antonio Portela (“escribidor” de viños en varios medios, técnico superior en Vitivinicultura, master en viticultura e enoloxía, vicepresidente de Asociación Galega de Sumillers AGASU), David Barco( Presidente de AGASU, varias veces campión galego de sumillers), Carlos González Portela (Sumiller, docente de hostalería, foi campión galego de sumilleres) e Xoan Cannas (sumiller e propietario del restaurante Pepe Vieira e Nariz de oro 2004).
O curso é de 30 horas co seguinte horario: mércores de 17.00 a 20,00 horas nas seguintes datas 24 e 31 de outubro, 7,14,21 e 28 de novembro, 5 e 12 decembro e 9 e 16 xaneiro de 2013. O prezo de matrícula é de 60 euros.
Pódese ampliar esta información na Aula da UNED en Tui no antigo convento de Santo Domingo, no teléfono 986 60 51 50 ou no correo aulauned@concellotui.org. Esta aula abre os luns, mércores e xoves de 16 a 22 h e os venres de 16 a 21h.
Sem comentários:
Enviar um comentário