A Directora Xerente de Turgalicia, María del Carmen Piña Urgoiti, visitou onte martes 23 de outubro, acompañada dun técnico do seu departamento, a Casa do Concello de Tui para manter un encontro co Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado de diversos membros do grupo de goberno. No decurso da visita a responsable da empresa turística de Galicia analizou co rexedor tudense as necesidades e proxectos que en materia turística posúe o Concello de Tui analizando as posibilidades de colaboración entre ambos organismos.
A Directora Xerente de Turgalicia informou ao Alcalde e concelleiros da nova estrutura do departamento de turismo en Galicia que pretende concentrar os esforzos no desenvolvemento turístico da nosa comunidade. Analizaron tamén as diversas campañas de promoción turística de Galicia deseñados por Turgalicia e nas que figura Tui e os seus recursos turísticos en varias destas iniciativas de difusión.
O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez agradeceu esta visita e a información proporcionada que será de grande utilidade; solicitou a colaboración de Turgalicia para o deseño dunha planificación turística da nosa cidade e a súa contorna que contribúa ao desenvolvemento deste sector estratéxico para a nosa cidade.
Abordaron tamén a necesidade de mellorar a sinalización turística tanto de acceso á nosa cidade como dos diversos elementos emblemáticos do noso conxunto patrimonial.
A responsable de Turgalicia visitou a Oficina de Turismo na súa nova ubicación na Praza de San Fernando e xirou posteriormente unha visita ao Claustro da Catedral tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário