segunda-feira, 29 de outubro de 2012

MAIS DE 1500 PERSOAS PASARON POLA CARPA DA CAMPAÑA “XUVENTUDE EN MOVEMENTO” ESTA FIN DE SEMANA NA EUROCIDADE TUI – VALENÇA


Arredor de 1500 persoas asistiron as actividades organizadas ao abeiro da campaña “Xuventude en movemento” que o pasado venres e sábado organizou na Eurocidade Tui – Valença a Comisión Europea e a Xunta de Galicia. “Xuventude en Movemento” é unha iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os mozos e mozas e así axudalos a que teñan éxito na economía do coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude.
No acto de inauguración celebrado o pasado venres estiveron presentes D. Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro da Presidencia, AAPP e Xustiza en funcións, xunto a D. Michal  Nycz, Responsable de Información, Comunicación e Relacións Públicas da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Comisión Europea, e o vereador da Cámara Municipal de Valença, Jose Monte Temperao, e outras autoridades de Galicia e o Norte de Portugal.
Para o Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e unha grande satisfacción comprobar como a principal finalidade deste campaña informativa dos programas europeos en materia de xuventude con especial incidencia en formación e emprego foi cumprida amplamente e como numerosos mozos e mozas de Tui e a súa contorna achegáronse ata a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira para recabar información sobre estas materias.
A creación da eurocidade Tui – Valença e o impulso que realiza á cooperación transfronteiriza foi a principal razón para campaña en Tui e que comparte con cidades como Sevilla, Murcia Zaragoza, Porto e Lisboa, lugares onde estará esta actividade de “Xuventude en movemento”.  É a primeira oportunidade en que esta actividade se realiza con caracter transfronteirizo. Amais a eurocidade acolleu a máis de 170 erasmus procedentes das universidades de Galicia e o Norte de Portugal que estiveron ao longo destas dúas xornadas participando nas actividades previstas.
Rodriguez Pérez remarca como esta actividades se inxire no obxectivo do Concello de Tui a prol do emprego e a formación dirixidos especialmente aos mozos e mozas aos que este Concello ten ofertado un Plan de Emprego Local, catro cursos de formación ocupacional e outras actividades formativas e de promoción cun importante investimento económico.

Sem comentários:

Enviar um comentário