quinta-feira, 18 de outubro de 2012

O VINDEIRO MARTES O ESCRITOR ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO ABRE AS XORNADAS “LENDO NA CASA” QUE ORGANIZAN AS BIBLIOTECAS TUDENSES


A Biblioteca Pública Municipal de Tui xunto ás bibliotecas escolares do noso municipio organizan para a vindeira semana as primeiras Xornadas “Lendo na casa” que pretenden realizar unha oferta de formación para as familias ofrecéndolle os recursos necesario para que a lectura no ámbito doméstico se converta nunha ferramenta básica para o desenvolvemento do lecer e da formación de todos os membros do núcleo familiar.
Estas xornadas serán abertas o vindeiro martes, 23 de outubro ás 19,30 horas co presenza do escritor e docente Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo no ano 1952. Exerce como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO nun Colexio desta cidade. Colabora nas páxinas literarias e pedagóxicas dos xornais e revistas máis prestixiosos de Galicia así como en diversos proxectos literarios con carácter reivindicativo.
Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, conferencias, e ten participado en xornadas didácticas e literarias promovidas por distintas institucións.
Durante oito anos dirixiu unha prestixiosa colección literaria para xoves, é autor de libros de texto e foi membro do xurado en importantes Premios literarios para rapaces/as.
Varios dos seus libros foron incluídos nas Listas de Honra da CCEI e da revista CLIJ. Gañou o Premio Merlín en 1996 con Na fogueira dos versos, libro co que entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) e foi finalista do premio Nacional (1997). En 1998, un xurado internacional concedeulle o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua, considerado un dos máis prestixiosos galardóns literarios de Europa.
No VI Simposio de Literatura Infantil e Lectura da FGSR o seu libro Versos de agua (en galego Cacarabín, Cacarabón) foi elixido entre Los 100 del Siglo XX.
Así mesmo, os seus poemas figuran en múltiples antoloxías tanto en galego coma en castelán. Algúns deles foron musicados por distintos grupos de Galicia. Como traductor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. É autor de máis dunha trintena de libros.
O programa abrangue:
Martes 23 de outubro
19,30 h.: Conferencia-coloquio de apertura por Antonio García Teijeiro
Mercores 24 de outubro: Día da Biblioteca
18,00 h.: Contacontos para nenos de 3 e 4 anos: Pavis-Pavos: 
20,00 h.: Obradoiro para pais: con Pavis Pavós. (¿que conto che conto?): 
Xoves 25 de outubro:
18,00 h.: Contacontos de Marisa Irimia – kamishibai
19,00 h.. Mesa redonda “Lendo na casa”
- Conchi Regueiro, escritora
- Concha Costas de Espazo Lectura de Gondomar
- Representante da asesoria de bibliotecas escolares – Xunta de Galicia
20,30 h.: Obradroiro para pais con Marisa Irimia

Sem comentários:

Enviar um comentário