quinta-feira, 11 de outubro de 2012

A DESIGNACIÓN DO EDIFICIO “ÁREA PANORÁMICA” PARA ACTOS ELECTORAL CUMPRE COS REQUIRIMENTOS LEGAIS


A Xunta Electoral aprobou por edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia esta designación
O Concello de Tui quere clarificar diante da opinión pública que a designación do Edificio “Área Panorámica” de Tui como local para a celebración gratuíta de actos da campaña electoral foi aprobado con data 3 de outubro pola Xunta Electoral de Zona e publicado no Boletín Oficial da Provincia do venres 5 de outubro de 2012, logo da Resolución ao respecto dictada pola Alcaldía o 3 de outubro e comunicada aos diversos grupos políticos da Corporación Municipal.
En consecuencia, a utilización dese espazo público para actos da campaña electoral de calquera partido cumpre cos requirimentos legais establecidos ao existir un acordo da Xunta Electoral autorizando o mesmo. 
Sinala o alcalde de Tui que a celebración dun mitin onte neste lugar contaba coa preceptiva autorización da Xunta Electoral e que ese acordo non foi recorrido no tempo e forma establecido.
Neste mesmo edificio veñen realizando, dende hai anos, tanto mitins como actos públicos as diversas agrupacións políticas, tamén o Partido Socialista, sen que ninguén afirme que estamos diante dunha utilización “arbitraria e discriminatoria de locais públicos e polo tanto pagados cos impostos de todos os cidadáns”.
Resulta certamente lamentable, engade o rexedor Moisés Rodríguez Pérez, que dende o Partido Socialista se recorra, ao carecer doutros argumentos, a estas falsidades para suxerir diante da opinión pública unha conducta irregular na actuación do goberno municipal tudense, cando este axustouse en todo momento ao cumprimento estricto da legalidade contando coa aprobación da Xunta Electoral de Zona.

Sem comentários:

Enviar um comentário