Esta mañá o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de educación, Vanesa Rodríguez Pereira, recibiron no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 25 alumnos e 2 profesores procedentes da localidade de Schio (Italia) que realizan estes días un programa de intercambio co Instituto de Ensino Secundario “Francisco Sánchez” da nosa localidade.
Este grupo procede do Lizeo Giaccomo Zanella, da cidade de Schio, que pertence á provincia de Vizenza, na rexión do Véneto, no Norleste de Italia, aos pés do Alpes e na cola dos Montes Dolomitas, a escasos 40 qm da fronteira con Austria.
Son alumnos dun centro de estudios unicamente lingüístico, é dicir, que só estudian linguas (tanto clásicas, como o latín ou grego, como alemán, inglés, francés ou español). Están na nosa cidade ata o vindeiro 7 de marzo compartindo casas e vida con alumnos tudenses. Hoxe visitaron a Catedral e o conxunto histórico tudense e realizarán amais, en días posteriores, visitas a Santiago e as Illas Cíes acompañados dos alumnos do IES “Francisco Sánchez”.
O Alcalde déullela benvida á nosa cidade e congratulouse por este intercambio que xa é o terceiro ano que se realiza pois favorece o mutuo coñecemento entre os mozos, promove a cohesión e a identidade europea e favorece a aprendizaxe de idiomas. Felicitou ao IES “Francisco Sánchez” por esta iniciativa e polo traballo que desenvolven nese centro de ensino a prol da educación dos seus alumnos.
Sem comentários:
Enviar um comentário