sexta-feira, 7 de dezembro de 2012

A SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓN ACOLLE A MOSTRA “EL UNIVERSO PARA QUE LO DESCUBRAS” PRODUCIDA POLO CSIC


A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle ao longo do presente mes de decembro a exposición titulada “El Universo para que lo descubras” producida polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC),a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e outras institucións dedicadas a astronomía de España e México no marco da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009.
"El Universo para que lo descubras", está producida baixo a dirección científica dos astrofísicos Enrique Pérez e Guillermo Tenorio-Tagle, e pretende achegar a unha gran audiencia a beleza das imaxes astronómicas, obtidas con satélites e telescopios situados en diferentes países, mostrando tamén a ciencia que existe tras delas. Cada imaxe vai acompañada dunha breve descrición científica e un texto da literatura universal. Foi un dos proxectos piar para celebrar o Ano Internacional da Astronomía.
Esta exposición “El Universo para que lo descubras” abarca catro grandes coleccións: O sistema Solar, que nos achega ás xigantescas esferas que flotan no espacio cercano e gravitan arredor do noso Sol; estrelas e Nebulosas, que mostra o medio interestelar, onde xorden, viven e morren as unidades de luz do Universo. Galaxias, onde podemos admirar esas inusitadas coleccións de estrelas, como a Vía Láctea, cunha grande variedade de formas e tamaños; e por último o Universo, que nos mostra a estructura a gran escala que resulta da desbocada expansión do Universo.
Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta mostra amplía a variedade da programación deste espazo expositivo tudense, que xunto a mostras de caracter artístico ofrece tamén exposicións de divulgación científica como é esta mostra titulada “El universo para que lo descubras” que contribúen á promoción da ciencia entre os nosos veciños.

Sem comentários:

Enviar um comentário