terça-feira, 18 de dezembro de 2012

ANTES DE FIN DE ANO COMEZA “OBRADOIRO DE EMPREGO – TUI EMPRENDE” DO CONCELLO DE TUI


“Tui emprende” posibilitará a formación de 32 desempregados cun investimento 282.130,56
A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar ven de comunicar oficialmente ao Concello de Tui a aprobación da solicitude presentada no seu día de creación dun obradoiro de emprego no noso concello baixo a denominación de “Tui Emprende 2012”. A subvención concedida alcanza os 282.130,56 euros cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80%.
A creación deste novo obradoiro de emprego posibilitará que durante seis meses 32 desempregados do noso municipio poidan obter un contrato de traballo e acceder a unha formación, tanto teórica e práctica. Se complementa con a contratación do persoal técnico de dirección e docentes, en total seis persoas. Este proceso está na actualidade en marcha, de tal xeito que este Obradoiro comezará o seu funcionamento o vindeiro venres 28 de decembro.
O obxectivo deste obradoiro de emprego “Tui emprende 2012” é, xunto ao acondicionamento da nave para sede do Obradoiro en Guillarei, a rehabilitación do edificio da antiga escola de Cháns - Randufe para destinalo á instalación dun viveiro de empresas. As especialidades a impartir neste Obradoiro son: “auxiliar albañileria – cachoteiro”, “pintor - colocador prefabricados lixeiros” e “instalador elementos carpintería”.
O obradoiro ten como finalidade a inserción laboral dos desempregados/as de vintecinco ou máis anos de idade, mediante a formación profesional de carácter ocupacional complementada coa alternancia no traballo e práctica profesional.  Ademais da formación profesional se proporciona un  coñecemento básico en seguridade e saúde no traballo,alfabetización informática, orientación laboral e asesoramento sobre saídas profesionais.
Para o Alcalde de Tui o inicio deste proxecto de obradoiro de emprego supón unha dobre satisfacción. Por unha banda que dende de o Concello, coa axuda da Xunta de Galicia, se procede a creación de contratos de traballo que nestes tempos de crise contribúen a mitigar os efectos do desemprego entre os veciños de Tui. Pero, por outra banda, o proxecto que promove o Concello tudense con este Obradoiro de Emprego “Tui Emprende” é a creación dun “Viveiro de empresas” para favorecer a implantación de empresas e proxectos de emprendedores ofrecendo unas instalacións e servizos durante un período temporal para iniciar a súa andaina no mercado. É unha medida de estímulo á creación de empresas que pretende a dinamización do tecido empresarial do noso municipio que redundarán a creación de novos postos de traballo e novas oportunidades de negocio.
Moisés Rodríguez subliña que amais con este obradoiro de emprego se rehabilita un inmoble ata agora desocupado, detendo o seu proceso de deterioro para posibilitar este novo equipamento público.
O rexedor tudense destaca con este novo Obradoiro de Emprego “Tui Emprende” o goberno municipal continúa avanzado no seu compromiso de traballar a prol do emprego e a formación dos parados e desempregados do noso municipio buscando alternativas e novas cualificacións profesionais. O Plan de Emprego Local, con once contratacións, os catro cursos de formación, onde participan 60 desempregados, etc. son medidas que conforman esta política de promoción de emprego desenvolvida polo goberno municipal tudense.

Sem comentários:

Enviar um comentário