A Concellería de Servizos Socias do Concello de Tui, organiza , para o vindeiro martes día 4 de decembro unha charla informativa sobre : “ Alzheimer e outras demencias”, que será impartida por Dona Marina Requejo, traballadora social e coordinadora de voluntariado da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA). Esta charla terá lugar ás 19,30 horas na sala Félix Rodríguez, no Edificio Área Panorámica (con entrada polo aparcamento municipal).
A charla tratará de achegar información sobre qué é unha demencia, qué tipos existen , qué síntomas teñen en especial falarase do Alzheimer por ser a máis común. Falaranos da súa historia, síntomas, epidemioloxía, tratamentos e tamén aproveitaremos para que nos dean a coñecer a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.
A concelleira, Olga Montes Moldes, anima a todos os interesados sobre esta temática a asistir a esta charla pois tanto na información que proporcione a conferenciante como no coloquio posterior podemos atopar asesoramento e axuda no tratamento e atención aos doentes de Alzheimer.
Sem comentários:
Enviar um comentário