En días pasados o empresario tudense José Álvarez Rey, propietario de Adega Remesal, entregoulle ao Concello de Tui, representado polo seu Alcalde, un amplo lote de viño da súa marca, “Remesal”, para ser distruibuídos entre as persoas e colectivos máis vulnerables socialmente do noso municipio a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.
O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, agradeceu este xesto solidario do empresario tudense que testemuña o compromiso social que esta empresa de carácter familiar asume verbo dos habitantes da súa contorna dos que se lembra especialmente nestas datas do Nadal. En nome do Concello e de todos os beneficiarios desta doazón o rexedor tudense agradeceu a sensibilidade desta empresa Adega Remesal.
Sem comentários:
Enviar um comentário